Achégate a Rianxo o próximo sábado 15 de decembro e percorrerás o seu Itinerario Histórico-Musical, saíndo ás 12h. da Casa da Cultura, coa compaña do noso guía turístico.
Con este roteiro coñecerás a intrahistoria de A rianxeira, a canción galega máis popular de todos os tempos… Mais non só.
Rianxo ten moito patrimonio musical por descubrir: o trobador-almirante Paio Gomes Charinho, Castelao, o prócer Arcos Moldes, os gaiteiros Os Rosales, o mestre Chapí e ducias de recunchos desta vila mariñeira serán outros fitos da visita.
Todo o que recolle o noso terceiro Itinerario Histórico-Musical, ao vivo e en directo para ti.