Unha nova guía para seguir facendo turismo musical temático pola Galiza.
Este cuarto Itinerario Histórico-Musical levarate polo Mondoñedo máis resplandecente: o da capela de música da catedral, o de Pacheco e Veiga, o de Cunqueiro e Lence Santar.
Roteiro, plano, historia, glosario e CD para non perder nada nunha vila con tanto patrimonio artístico-musical como esta.
O sábado 22 de decembro convidámoste á presentación do Itinerario en Mondoñedo; unha cita imperdíbel neste Nadal.