Despois do éxito no Festival Cultura Quente de Caldas, Galegoz continúa co seu xa imparábel ascenso.
O 25 de xullo poderás escoitalos nas Ramblas barcelonesas e en agosto en Vigo.
A Revolution Dance aportará no peirao de trasatlánticos de Vigo para acompañar nen máis nen menos que a Manu Chao.
Espectáculo multimedia, novas proclamas disco-revolucionarias e aranhoto ritmo-style a carón da antiga estación marítima viguesa.
Completa o cartaz deste concerto, organizado polo Club Náutico, a banda Le Punk.
Todas ao peirao vigués o 4 de agosto a partir das 22h., «todos á discoteca!».
![]() |
![]() |