Unha guía turística, acompañada de CD, coa que descubrir por que Celanova é considerada unha xoia do Barroco europeo.
Convidámoste a facer unha viaxe polos espazos musicais de todos os tempos nas vilas de Celanova e Vilanova dos Infantes. Con este novo Itinerario Histórico-Musical vas coñecer unhas danzas gremiais conservadas durante máis de catro séculos, un idioma propio de músicos (o verbo dos xingreiros) único na Europa, uns poetas que deviron en letristas: Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro,…
Xa á venda na nosa web e nos estabelecementos habituais