Lanzamento do disco de Crema de Gaita: TanGalego

Por fin chegou o primeiro disco de Crema de Gaita, Crema de gaitao nada convencional grupo folk vigués no que Ernesto Campos ?de quen gravaron temas Carlos Núñez, Budiño ou Susana Seivane? interpreta e compón a meirande parte dos temas.
En TanGalego mestúranse tangos, tumbaos ou habaneras,… con influencias euroatlánticas e versións de temas de música tradicional galega. Para non perder, por exemplo, o Lagarto pintado a ritmo de bossa nova ou o tango con gaitas que dá título ao traballo.

O disco, xa disponíbel, inclúe unha pista de datos con partituras e karaoke para gaita e voz.

A presentación ao público, non podía ser menos, no Teatro García Barbón de Vigo o 29 de xuño.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies