O selo VIR de Ouvirmos edita Revolution Dance, o esperado segundo disco de Galegoz.
A banda de Payno, Viascón e D. Mutante sorprenderate indo máis aló do seu orixinario.
Revolution Dance vai facer honor ao seu título revolucionando as pistas de baile con pegadas funky, sons oitenteiros e pandeiradas klezmer.
Se gustabas da mestizaxe electrónica do anterior disco agora vas adorar este novo pinchagato rítmico.
Galegoz presentan o disco o 5 de maio cun concerto en Ourense. O 12 de maio pasarán polo Extrarradio da Radio Galega.
Dispoñíbel xa na nosa tenda online e a partir do 2 de maio nos puntos de distribución habituais.