Ouvirmos ingresa en PROMUSICAE e accede a RitmoNet

Ouvirmos vén de ser admitido na principal asociación de produtores de música do estado que agrupa a compañías independentes e filiais de multinacionais no eido da música gravada. Os 73 membros desta asociación representan ao 95% do sector.

E con PROMUSICAE accedemos a RitmoNet, a ‘Rede Interactiva de Transmisión de Música On-line’. RitmoNet é un sistema de distribución dixital de contidos promocionais para medios de comunicación. Grazas a el garántese unha rápida e eficiente distribución, a través de internet, das novidades discográficas a 1.000 emisoras de radio, televisión e prensa especializada.

Unha nova ferramenta ao servizo da difusión masiva dos nosos artistas e das nosas novidades discográficas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies