Un estoxo especial para A Tiracolo

A Colección A Tiracolo de Ouvirmos continúa a medrar.

E pensando nos coleccionistas lanzamos un estoxo ríxido, en cartón de 2,5mm. serigrafiado, para 10 exemplares.

Podes adquirir o exclusivo estoxo contendo os dez primeiros disco-libros da colección de rexistros históricos polo prezo especial de 160 €, un 20% menos do valor habitual.
Aires d’a Terra, Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra, Manuel Dopazo, Os Dezas de Moneixas, Coro Toxos e Froles, Manuel Quiroga (2), Los Monfortinos, Os Gaiteiros de Soutelo e Os Montes de Lugo xuntos nunha caixiña.

Ou, se xa dispós dos disco-libros de A Tiracolo, podes facerte co estoxo onde gardalos por apenas 5€.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies