Ouvirmos desembarcou no MIDEM

Como cada xaneiro a industria da música reuniuse en Cannes para negociar, dialogar e mostrar novos talentos. A día de hoxe ao ‘Mercado Internacional de Discos e Edición Musical’ achéganse 10.000 delegados de 100 países diferentes, que representan sectores como o das discográficas, as plataformas dixitais de distribución de música online, o da música ao vivo,…

Este ano Ouvirmos estivo alí para afianzar a nosa presenza internacional e preparar o salto á distribución vía teléfono móbil.

Proximamente poderás descargar aos Gaiteiros de Soutelo, Aires d’a Terra ou Galegoz desde o teu móbil.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies