O programa Alalá intérnase na vida cotiá de Ouvirmos.
Senén Bernárdez, desde a dirección, Pilar García Rego, desde a presentación, e guionistas como Chefi Vázquez, realizan un espazo de divulgación sobre o patrimonio oral e a música tradicional.
A coincidencia co labor de Ouvirmos era evidente así que decidiron mostrar o noso traballo desde o punto de vista máis humano.
O vindeiro martes 6 de marzo ás 21:30h. vas coñecer todo o que sempre quixeches preguntar sobre Ouvirmos…
(A emisión repítese o domingo 11 ás 21:15h.)