O disco, incluído na colección A Tiracolo, titúlase Escena Coral Galega e contén a restauración das gravacións que o Coro realizou en 1929 para a casa Regal, nun dos seus mellores momentos artísticos.
Na altura o director do Coro, Daniel González, en colaboración co escenógrafo Camilo Díaz Baliño, e baixo a presidencia de Lameiro, creou as Escenas corais galegas, a maior contribución de De Ruada ao coralismo galego. Estas escenas eran representacións parateatrais nas que se conxugaba música, escenografía, coreografías e iluminación na busca da arte total.
Entre as pezas restauradas destaca o Canto d’as chirimías. Os propios menestreis da catedral, nunha colaboración extraordinaria, tocan con instrumentos orixinais a Marcha das chirimías, peza de arredor do s. XVI que se intrepreta na catedral compostelá nalguns acontecementos. Escoitas un documento insólito: a primeira gravación de repertorio das catedrais galegas.
Un disco para recuperar a memoria musical ourensá.