Homenaxe a Os Montes

Os Montes de Lugo serán homenaxeados dentro das festas do San Froilán.

O merecido acto celebrarase na Carpa da Deputación de Lugo, instalada na Praza da Soidade, ás 12h., o Domingo das Mozas (08/10/06).

Os Montes foron os gaiteiros de Lugo por antonomasia. Polo grupo pasaron case todos os músicos lucenses, entre eles o gaiteiro e artesán Antón Corral. No século XX actuaron en romarías de toda Galiza e conseguiron importantes premios nos concursos de gaitas.

O mundo da gaita reúnese para celebrar a uns dos seus mestres. Unha cita inesquecíbel nunha festa imprecindíbel.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies