Éxito da visita guiada seguindo o Itinerario Histórico-Musical por Pontevedra

O 13 de agosto, dentro da programación oficial das festas da Peregrina, realizouse a visita guiada a Pontevedra a través do traxecto proposto no Itinerario Histórico-Musical.

Casa das CampásO grupo paseou polas rúas da Boa Vila deténdose nos lugares que gardan vinculación coa música. Desde a casa de Manuel Quiroga até o sartego de Paio Gomes Charinho, pasando polo Museo de Pontevedra ou a Casa das Campás, os visitantes puideron recrearse coas explicacións do guía Richard Rivera, creador da ruta.

Se tes interese en facer esta visita guiada, contacta connosco en ouvir@ouvirmos.com. Podemos ofrecercha en galego/ portugués, español, francés, inglés e italiano.

Mentres, podes percorrer Pontevedra ti mesma seguindo as indicacións do Itinerario editado ao tempo que escoitas o CD que o acompaña.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies