Itinerarios Histórico-Musicais: novo produto turístico, nova publicación

Os Itinerarios levaranche nunha viaxe sonora polas vilas. Estas guías son a porta para a descuberta do patrimonio artístico musical. Trátase de itinerarios sinalizados e comentados, con planos e fotografías. Tamén conteñen un Portada Itinerario Histórico-Musical Pontevedraestudo da historia musical da zona, un directorio coas institucións e un glosario de termos musicais. Todo acompañado por un mini-CD con pezas musicais vencelladas á cidade pola que paseas.

En agosto estreamos o Itinerario Histórico-Musical de Pontevedra. O día 3 o grupo de música antiga Resonet, que interpreta as cantigas de Paio Gomes Charinho no mini-CD, dará un concerto na Igrexa de San Francisco de Pontevedra ás 21h., a carón do sartego do trobador. O día 13 faremos o itinerario pola vila co guía que deseñou o roteiro: desde o Palco da música na Alameda, ás 12h.

Contamos coa túa presenza!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies