A Real Filharmonía presenta o disco de Manuel Quiroga

Queremos convidarvos a un grande acontecemento: o concerto de presentación do disco de Manuel Quiroga De violino e piano.

Manuel QuirogaO próximo 10 de xuño, ás 12.30 h., no Teatro Principal de Pontevedra, a Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave, e con Gregori Nedobora ao violino, interpretará o seguinte programa: o Concerto para violín e orquestra de corda de M. Quiroga, a Suite no estilo antigo de Andrés Gaos e as Catro bagatelas de Rogelio Groba.

Manuel Quiroga (Pontevedra, 1892-1961) foi un dos violinistas máis extraordinarios de todos os tempos. Agora volve a ser escoitado e recoñecido na súa vila natal como xa o fora na súa época.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies