Tripla aposta polo son e as verbas da creación galega

Publicado en: Galicia-Hoxe.com
MARÉ

Ouvirmos inicia unha ollada novidosa e sonora sobre o poeta da Terra Chá coa a súa colección de Fotobiografías Sonoras, neste caso a de Manuel María. Unha forma innovadora de aproximarse á literatura simultaneamente desde a vista e o oído.

O acto de presentacion desta nova maneira de achegarse ó autor terá lugar no Museo de Belas Artes da Coruña o 21 de xaneiro ás oito da tarde.

A Fotobiografía componse de máis dun cento de fotografías, na súa maioría pertencentes ao álbum familiar de Manuel María.

Os Rexistros Sonoros están recollidos nos dous CDs que acompañan o libro. No CD Poemas de 74 pezas, recóllese a voz do poeta recitando os seus textos. No compacto Músicas, coposto de 18 pezas, o oínte atoparase cunha selección das cancións compostas cos seus poemas por músicos como Fuxan Os Ventos, María Manuela ou Deabruak Teilatuetan.

Por outra banda, tamén o próximo sábado 21 de xaneiro, presentarase o disco Os Gaiteriros de Soutelo dos Montes.

Juanjo Salgado, autor do libreto, será o encargado de abrir o acto que terá lugar no mosteiro de Arciveiro (Forcarei), ás 18 horas.

Neste disco compínlanse a totalidade dos rexistros sonoros dos Gaiteiros de Soutelo gravados en Ourense en 1928.

Os Gaiteiros de Soutelo (1919-1936), con Avelino Cachafeiro á cabeza, canonizaron o cuarteto de gaitas e o seu repertorio é o máis divulgado e interpretado da gaita galega.

Avelino Cachafeiro Bugallo (gaita), chamado Gaiteiro de Soutelo, os seus irmáns Bautista (tambor e voz) e Víctor Castor (gaita) e Fermín Cachafeiro Balado (bombo) nacen en Soutelo de Montes nun contorno musical familiar. A agrupación nace formalmente nunha data imprecisa de 1.919 pois segundo cita Avelino na súa autobiografía, despois de dous anos traballando de ferreiro en Asturias, regresa a Soutelo e funda Os Gaiteiros de Soutelo de Montes Hnos. Cachafeiro.

O grupo considérase dende a súa aparición como un referente estético e musical para as xeracións de gaiteiros posteriores.

Os éxitos de Manuel Quiroga nun proximo compilatorio

Xa no vindeiro mes de marzo, estará dispoñible unha nova compilación dun dos mellores violinistas de todos os tempos: Manuel Quiroga e Marta Leman.

As composicións seleccionadas son as da plenitude deste virtuoso violinista pontevedrés.

A súa muller Marta Leman, pianista parisiense, acompáñao nun diálogo infrecuente.

O noso músico académico máis internacional triunfou en Europa e América.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies