Dos Acordes, en colaboración con Ouvirmos e co Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín (CMTFL), edita un novo número da revista Etno-folk dedicado á publicación das Actas do Congreso de Antropoloxía Musical: O texto e o contexto, celebrado no CMTFL en 2001.
Os relatorios versan sobre etnomusicoloxía, pedagoxía ou a melodía galega de concerto, entre outros temas.
Ademais, as seccións habituais desta xa imprescindíbel revista: artigos, partituras, reseñas,…
Proximamente disponíbel en librarías e tamén na nosa web.