Un cedé reúne por primeira vez a obra completa de Os gaiteiros de Soutelo

Publicado en: La Voz de Galicia – 20/12/05
ROCÍO GARCÍA | A ESTRADA

Máis de setenta anos despois da gravación daquel primeiro disco que colocou a Os gaiteiros de Soutelo no máis alto do Top 40 da época, o cuarteto de música tradicional volta neste Nadal ás listas de ventas. Faino da man da compañía Ouvirmos e co patrocinio do Concello de Forcarei. Os Gaiteiros de Soutelo, ensaio familiarDentro da colección A Tiracolo, especializada na restauración sonora das grandes obras da música galega, o selo discográfico acaba de lanzar ó mercado o disco Terra de Montes , que por primeira vez recopila a totalidade dos rexistros sonoros que se conservan da mítica banda de Avelino Cachafeiro. O cuarteto gravara en Ourense no ano 1928 un disco con doce temas que chegara a superventas. Algúns deles tíñanse reeditado posteriormente, coma a primeira gravación da célebre Muiñeira de Chantada , que tamén se inclúe neste disco. Sen embargo, outros no se volveran recoller en ningún disco. O que acaba de poñerse á venda reproduce os doce temas de 1928 facendo uso da máis avanzada tecnoloxía láser, que elimina a choiva e os característicos ruídos dos antigos discos de pizarra. Ademáis, véndese acompañado dun libreto coa historia do lexendario cuarteto e unhas breves notas ó repertorio do investigador musical Juanjo Fernández.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies