Reeditan o disco gravado polos gaiteros de Soutelo en 1928

Publicado en: La Voz de Galicia – 14/12/05
SANTIAGO

O selo musical Ouvirmos vén de editar Os gaiteiros de Soutelo , un traballo que recupera a historia do emblemático cuarteto de música tradicional galega xunto co disco da integral de 12 pezas da gravación realizada en 1928, en Ourense, pola Compañía Regal, en disco de 78 revolucións. Esta reedición foi feita a partir dun disco da primeira edición, porque o máster non se conserva, restaurado por Pablo Barreiro.
Patrimonio musical
O traballo é a sexta entrega do proxecto de recuperación da tradición musical galega que leva a cabo Ouvirmos, que para esta edición contou coa colaboración do Consello da Cultura Galega e do Igaem. A publicación foi presentada por Luis Costa, membro do CCG, e por Ramón Piñeiro, responsable de Ouvirmos, que subliñaron a importancia de recuperar un patrimonio musical que, como no caso dos Gaiteiros de Soutelo, «todo o mundo sabe deles, pero é de difícil acceso».
Os gaiteiros de Soutelo formaron o cuarteto arredor do ano 1919, no seo dunha familia de longa tradición musical e nun entorno así mesmo musical. A sona acádana a partir do premio que gañan nun concurso que se celebra en Santiago de Compostela a véspera do Apóstolo, a raíz do que coñecen a Castelao.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies