Os Gaiteiros de Soutelo non foron só unha lenda, existiron e gravaron un disco co máis selecto do seu repertorio!

OS GAITEIROS DE SOUTELO DE MONTES (1928): TERRA DE MONTES

Orixinados na Terra de Montes e dirixidos por Avelino Cachafeiro, son considerados como o principal referente musical e estético para todas as xeracións de gaiteiros posteriores.

No nadal poderalos descubrir grazas á ampla documentación recompilada polo gaiteiro e investigador Juanjo Fernández que nos ilustrará a reedición fonográfica dos de Soutelo. Tamén entenderemos por que o seu é o repertorio gaitístico máis interpretado ao longo do século, entre o que destaca a coñecidísima Muiñeira de Chantada.

Os Gaiteiros de Soutelo Por vez primeira todas as súas gravacións á tua disposición en formato dixital desde o 12 de Decembro nas tendas.

A colección de rexistros históricos A tiracolo de Ouvirmos chegará com este ao oitavo volume.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies