As gravacións integrais da principal charanga de música galega da emigración editadas por primeira vez na Galiza.

LOS MONFORTINOS (1962): ENTRADA AO BAILE.

Los Monfortinos son a charanga con máis sona entre a colectividade galega da Arxentina. Son permeábeis ás melodías do novo mundo pero manteñen os ritmos e a estética de raíz galega.

Non había festa sen unha charanga animando o baile con muiñeiras, pasodobres ou xotas alternados com cumbias, baións, tangos ou fox-trots tocados por gaitas e clarinetes, tambores e bombos con platillos,…

A popularidade de Los Monfortinos foi tal que impresionaron um total de 30 melodías para o selo galego-arxentino Hermifono das que venderon 8000 copias.

A formación foi variando ao longo dos seus 34 anos de vida e mesmo contou cunha muller á gaita: Marcela Ordas, da banda feminina de gaiteiras formada por Avelino Rodríguez Arteaga, o director da charanga.

Los Monfortinos

O etnomusicólogo arxentino Norberto Pablo Cirio achéganos o mellor do repertorio publicado de Los Monfortinos ademais de oito gravacións que ficaban inéditas até o momento, xunto cun apaixonante estudo realizado a partir dos seus traballos de campo na comunidade galega da Arxentina.

Un disco para bailar un agarrado.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies