Ouvirmos premio «O recuncho da Palleta» 2004

Fonte: lumenapalleira.comAula de Música Tradicional Gomes Mouro

Entrega do Premio «O Recuncho da Palleta» 2004 compartido por Editorial Ouvirmos e o Concello de Pontevedra.

Ouvirmos en Lume na Palleira O «Recuncho da palleta» é a nova sección adicada específicamente á nosa música tradicional que se acaba de crear dentro do programa sobre folque e música tradicional Lume na palleira dirixido e presentado por Emilio Españadero na Radio Galega (sábados de 15:00 a 17:00 e domingos de 15:00 a 16:00), sección na que colaborarán importantes gaiteiros e investigadores coma Iván Costa, Xosé Presedo, Pablo Carpintero e Iván Area entre outros, sección que reforza aínda máis o interese que este programa de radio xa tiña de por sí.
Parabéns pola iniciativa. Por certo, este programa conta dende xa con web propia, en lumenapalleira.com onde podemos escoitar os programas atrasados, consultar novas, próximos concertos, ver o arquivo fotográfico do programa, etc.
Ouvirmos en Lume na Palleira

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies