Xela Arias. A poesía do retrato

Esta exposición que presenta textos poéticos da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil entre 1988 e 2001 foron o eixo central das actividades organizadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. 

Concebida para espazos exteriores e cun formato adaptado á itinerancia, inaugurouse o 1 de maio en Sarria e expúxose despois en Lugo, Chantada, Monforte, Viveiro e Ribadeo.

A exposición consta de 20 imaxes en branco e negro de Xela Arias que dialogan con cadanseu texto poético, dando lugar a unha potente interacción entre a fotografía e poesía. A instalación das fotografías e dos poemas preséntanse impresas en panel metálico de aluminio de 3 mm. encadradas sobre 10 macromarcos de aceiro galvanizado sobre peana de formigón.