Turismo ornitolóxico no Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Galicia Suroeste Eurural · Plan de Sostibilidade Turística en Destino · 2026

Sinalización interpretativa para descubrir a biodiversidade do territorio

Ouvirmos participou na implantación do novo produto de turismo ornitolóxico do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño mediante o deseño, fabricación e instalación da sinalización interpretativa distribuída por diferentes espazos naturais do territorio.

A actuación desenvolveuse no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Destino e permitiu dotar ao Xeodestino dunha rede homoxénea de paneis informativos destinados áinterpretación dos principais puntos de observación de aves e fauna. O proxecto contribuíu a mellorar a experiencia das persoas visitantes mediante recursos gráficos accesibles, información interpretativa e sistemas de consulta dixital integrados na identidade gráfica do destino.

Ademais, no esteiro do río Miño executouse a instalación de dous novos puntos de observación de aves con accesibilidade universal, incorporando mesas interpretativas especificamente deseñadas para facilitar o coñecemento dos valores naturais dun dos espazos de maior interese ecolóxico do sur de Galicia.

O traballo desenvolvido por Ouvirmos

  • Deseño gráfico e composición dos paneis interpretativos.
  • Adaptación das artes finais para impresión.
  • Fabricación dos soportes interpretativos.
  • Subministración e instalación dos elementos de sinalización.
  • Elaboración dos contidos e deseño das mesas interpretativas dos puntos de observación do esteiro do Miño.
  • Coordinación técnica da implantación e supervisión dos traballos.

Principais actuacións

  • 10 paneis interpretativos instalados en distintos puntos do Xeodestino.
  • 2 puntos de observación de aves con accesibilidade universal no esteiro do río Miño.
  • Actuacións desenvolvidas en 12 concellos do ámbito do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.
  • Implantación de sinalización integrada na identidade gráfica do destino e conectada coa plataforma turística mediante códigos QR.