Sinalización das rutas de cicloturismo de Marín

Concello de Marín · Plan de Sostibilidade Turística en Destino · 2026
Un proxecto para impulsar o cicloturismo e a mobilidade sostible
Ouvirmos desenvolveu para o Concello de Marín un proxecto integral de deseño, fabricación e implantación das infraestruturas necesarias para a posta en marcha da nova rede municipal de rutas de cicloturismo, integrada no Plan de Sostibilidade Turística en Destino financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
A actuación permitiu dotar ao municipio dunha infraestrutura permanente destinada a mellorar a experiencia das persoas usuarias da bicicleta e consolidar Marín como un destino de referencia para o turismo activo. O proxecto incluiu a implantación de tres itinerarios diferenciados, adaptados a distintos perfís de usuarios: unha ruta BTT de carácterdeportivo, unha ruta litoral orientada ao uso familiar e unha ruta infantil no Lago de Castiñeiras, configurando unha oferta complementaria para residentes e visitantes.
A intervención incluíu o deseño gráfico, a fabricación e a instalación da totalidade da sinalización interpretativa e direccional das rutas, así como a implantación de novos equipamentos destinados ao mantemento das bicicletas. Todo o sistema foi concibido para ofrecer unha experiencia segura, accesible e coherente coa identidade turística do destino, incorporando recursos gráficos, planimetrías, códigos QR e criterios de accesibilidade e sustentabilidade.
O traballo desenvolvido por Ouvirmos
- Dirección e coordinación técnica do proxecto.
- Planificación e replanteo das actuacións.
- Deseño gráfico integral da sinalización cicloturista.
- Elaboración de mapas e planimetrías das rutas.
- Fabricación e instalación dos elementos de sinalización.
- Tramitación de autorizacións e coordinación técnica da implantación.
- Seguimento da execución e entrega da documentación técnica final.
O proxecto permitiu executar a infraestrutura prevista para a nova rede cicloturista de Marín mediante a instalación de:
- 3 rutas cicloturistas (Ruta BTT Marín, Ruta Litoral e Ruta Kids no Lago de Castiñeiras).
- 6 estacións de autorreparación e inchado de bicicletas distribuídas en puntos estratéxicos do municipio.
- 4 paneis interpretativos con Mapas e planimetrías específicos das rutas.
- 46 balizas de madeira para orientación dos itinerarios.
- 86 placas direccionais incorporadas ás balizas.
- 20 placas de alumínio instaladas sobre sinalización existente.




