Pontevedra e América: unha mirada en feminino
“Pontevedra e América. Unha mirada en feminino”, a mostra itinerante da Deputación de Pontevedra e da Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para poñer en valor a historia de trece mulleres que teñen como nexo de unión a emigración e a relación entre Pontevedra e a outra beira do Atlántico.
Ouvirmos encargouse da produción das estruturas expositivas, así como da xestión das itinerancias e da montaxe da exposición. As historias destas mulleres singulares percorreron a provincia de Pontevedra ao longo da primeira metade do ano 2024 con paradas en Pontevedra, Vigo, Lalín, Tenorio, Baiona e O Porriño.