Os Fondos Europeos en Galicia
Desde 1986 Galicia ten recibido 32.000 millóns de € de fondos europeos que contribuíron de maneira definitiva ao desenvolvemento social e económico do país. Para trasladar a importancia destes recursos á cidadanía galega, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Facenda e Administración Pública convocou a Ouvirmos para organizar unha exposición itinerante que achegase información sobre os distintos fondos e o destino dos mesmos.
A exposición conta con 16 paneis informativos e destaca a historia do financiamento comunitario en Galicia así como as principais iniciativas financiadas con fondos europeos. Un total de 20.000 persoas visitaron a exposición en Santiago, Lalín, Sarria, San Cibrao das Viñas, Carballiño, Ponteareas, Vilagarcía, A Coruña, Ferrol e Lugo.
Nós encargámonos do deseño, fabricación, xestión de itinerancias e montaxe da instalación nos 10 concellos galegos que percorreu a exposición durante o outono de 2024.