Matías López, precursor do márketing comercial

Por encargo do Concello de Sarria deseñamos, producimos e instalamos unha nova exposición que divulga a figura de Matías López, o grande empresario do chocolate. Nacido en Sarria, chegou a ser unha das grandes fortunas europeas do seu tempo e actualmente é recoñecido como o precursor do marketing comercial en España. O motivo central da exposición foi mostrar vinte exemplos de cartelería publicitaria, cromos, albums e outros obxectos de finais do sec XIX e comezos do XX , todos concebidos coa fin publicitaria e divulgadora da marca Matías López. A mostra foi temporal na Capela da Praza da Vila durante o mes de maio de 2025, xa forma parte dos fondos municipais e será exhibida permanentemente nunha nova ubicación.