Mariña Inmaterial
A Mariña Inmaterial é un proxecto creado por Ouvirmos que se concreta en accións socioculturais deslocalizadas, realizadas en espazos singulares co fin de dinamizar, divulgar e actualizar o patrimonio cultural inmaterial.
Seis concellos da Mariña Lucense foron o noso marco de actuación. Trátase dun territorio inmensamente rico en lendas e seres mitolóxicos, probablemente un dos patrimonios inmateriaís máis ricos e aínda vivos de Europa. Patrimonio que é un elemento esencial da súa identidade e que se perde a medida que as xentes e o contexto no que se creou tamén desaparece. Esa extraordinaria cultura merece ser divulgada e conservada servindo de punto de partida para novas creacións artísticas ou culturais.
En cada un dos concellos que participaron do proxecto realizáronse as seguintes actividades:
- Obradoiros de memoria para persoas maiores empregando o patrimonio inmaterial local como fío conductor dos mesmos: lendas, saberes, costumes, etc.
- Publicación dun libro con todo o material recollido tanto nos obradoiros como nas investigacións realizadas ou promovidas pola Asociación Mariña Patrimonio.
- Charlas sobre o patrimonio cultural inmaterial nun entorno natural e patrimonial destacado a cargo do antropólogo Rafael Quintía.
- Espectáculos nos que se presentaron 5 obras orixinais de 5 diferentes artistas inspiradas nas lendas e espezos escollidos para a realización das charlas. Nestes espectáculos participaron BellonMaceiras Duo e Margarida Mariño (música), Rut Balbis e Verónica Moar (danza contemporánea), Ton Arenas (teatro e monicreques) e Sabela Eiriz (videocreación).
- Sinalización non invasiva dos espazos escollidos e creación de páxina web.





