Mapa interactivo dos recursos turísticos de Sarria

Concello de Sarria · Área de Turismo · 2026

Unha nova forma de descubrir o patrimonio de Sarria

Ouvirmos desenvolveu para a Área de Turismo do Concello de Sarria un proxecto integral de identificación, organización e difusión dos principais recursos turísticos do municipio mediante a creación dun mapa interactivo integrado na web municipal de turismo.

O proxecto partiu dun proceso de revisión, clasificación e sistematización do patrimonio turístico local, estruturando a información nunha ferramenta dixital que facilita a consulta dos recursos e mellora a experiencia de visitantes e residentes. O mapa permite localizar e interpretar o patrimonio de maneira intuitiva, combinando información xeográfica, contidos divulgativos e diferentes filtros temáticos que facilitan a planificación das visitas.

A proposta incorpora unha clasificación dos recursos segundo a súa natureza patrimonial, distinguindo elementos de arquitectura civil, arquitectura relixiosa, arte urbana, museos, sitios históricos, xacementos arqueolóxicos, zonas de lecer e descanso e patrimonio cultural inmaterial. Ademais, integra diferentes itinerarios temáticos e rutas a pé que permitendescubrir o territorio desde múltiples perspectivas, favorecendo unha lectura global da riqueza cultural e paisaxística do municipio.

O resultado é unha ferramenta dixital orientada á promoción turística e á interpretación do patrimonio, que contribúe a mellorar a accesibilidade da información, reforzar a identidade do destino e facilitar un coñecemento máis completo dos recursos culturais e naturais de Sarria.

O traballo desenvolvido por Ouvirmos

  • Inventario e clasificación dos recursos turísticos municipais.
  • Investigación documental e revisión dos contidos.
  • Definición da estrutura temática do mapa interactivo.
  • Redacción e adaptación dos contidos divulgativos.
  • Organización dos recursos por categorías patrimoniais.
  • Deseño dos itinerarios temáticos e rutas culturais.
  • Xeolocalización e integración dos recursos na plataforma web municipal.
  • Coordinación técnica e revisión dos contidos publicados.