Pata Pata. Festival dos Animais de Compañía

Este evento de produción propia foi ideado e deseñado pola nosa empresa atendendo ao crecente interés social polo mundo dos animais de compañía.

Pata Pata quere ser o punto de encontro en Galicia para as persoas amantes dos animais de compañía e para profesionais que ofrecen produtos e servizos vinculados ao seu benestar e coidado. A primeira edición terá lugar o 27 e 28 de abril no recinto feiral de Vigo, IFEVI. 

Pata Pata é o Festival dos animais de compañía que promove o seu disfrute e coidado responsables, así como un trato axeitado aos nosos queridos amigos e compañeiros. Este evento é un vibrante punto de encontro onde mostramos as últimas novidades no mundo dos animais de compañía, ofrecendo a oportunidade de descubrir tendencias, produtos innovadores e servizos especializados. Un conxunto diverso de actividades recreativas, lúdicas e formativas, para toda a familia e deseñado para aquelas persoas que comparten unha especial conexión cos animais.

Obxectivos do Festival:

  • Promover a concienciación sobre a tenencia responsable dos animais de compañía, promovendo prácticas éticas e coidados axeitados.
  • Proporcionar un escaparate para mostrar e descubrir as últimas tendencias, produtos innovadores e servizos especializados neste ámbito.
  • Organizar actividades recreativas, lúdicas e formativas que reforcen a conexión entre as persoas e os seus animais, contribuíndo ao benestar integral de ambas as partes.
  • Crear un ambiente inclusivo e educativo onde profesionais e amadores poidan intercambiar coñecementos e experiencias.

Convidámoste ao Festival Pata Pata. Un evento familiar, accesible e para todas as idades, onde podes vir co teu inseparable acompañante e mergullarte nunha fin de semana chea de diversión, educación e cultura.