Festival da Biosfera 2015/2016

Proxecto de conceptualización e produción do I Festival da Biosfera realizado para a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo.

Lugo albergou un evento científico, social e artístico ao redor da cultura da auga e dos bosques co obxectivo de poñer en valor, preservar e difundir a enorme riqueza desta cultura, relacionándoa coas Reservas da Biosfera da provincia.

A cidade foi punto de encontro e referencia para a divulgación, o debate e o lecer. Reunimos a científicos, activistas, artistas e expertos en materia forestal e fluvial a través dun completo programa de actividades e eventos que se desenvolveron entre o 14 e o 29 de marzo de 2015. Un mes no que se celebran a nivel internacional tres grandes datas:

  • Día Mundial da Poesía. 21 de marzo.
  • Día Internacional dos Bosques. 21 de marzo.
  • Día Mundial da Auga. 22 de marzo.

Programáronse un total de 24 actividades agrupadas nos seguintes bloques:

  • Conferencias
    • Proxecto Ríos
    • Tipos de bosques na Reserva da Biosfera Terras do Miño
    • Fundador de bosques. Joaquín Araújo
    • Soutos de castiñeiros
  • Conversas
    • As mulleres, os bosques e o desenvolvemento sostible
    • Auga e desenvolvemento sostible
    • Reservas da Biosfera e desenvolvemento sostible
  • Visitas guiadas
    • O ciclo da auga na cidade ETAP
    • O ciclo da auga na cidade EDAR
    • Os bosques de ribeira. O río Mera
  • Experiencias inspiradoras
    • Ríos con vida. Pesca sen morte
    • Embarcacións tradicionais do Miño. Ecomuseo de Arxeriz
  • Actividades infantís
    • A Barca dos Contos 
    • Obradoiro de poesía ambiental
  • Audiovisuais
    • Os mares doces de Galicia
    • Asolagados
  • Exposicións
    • O Miño, río e xentes. 1900-1930
    • Peixes, pescadores e pesqueiras
  • Libros
    • A aventura de vivir. O Carballo
    • Guía das libélulas de Galicia
    • O Miño. Un caudal de historia
  • Activismo social
    • CEARTE Lugo, recital poético

Festival da Biosfera 2016

Na segunda edición do Festival da Biosfera organizamos un encontro cívico ao redor do Día Mundial do Medio Ambiente. Baixo o lema “Únete á carreira para facer do mundo un lugar mellor” programamos os seguintes actos o sábado 4 de xuño:

  • Encontro de bicis.
  • Charla “A masa crítica, promovendo a bicicleta como medio de transporte sostible”
  • Contacontos “Contar o que se come”

O domingo 5 de xuño celebramos o III Encontro de Cociña Solar co seguinte programa de actos:

  • Montaxe das cociñas e preparación colectiva da comida
  • Obradoiro “Construír un forno solar”
  • Comida solar
  • Charla “As posibilidades da cociña solar”
  • Contacontos “Contar con quen se está”