Cursos de Cociña Infantil

Traballamos na programación de cursos de cociña infantil para iniciar os máis pequenos na elaboración de receitas fáciles, divertidas e creativas. Os contidos do curso xirarán ao redor da elaboración de masas, e os alumnos terán a oportunidade de participar activamente metendo literalmente as mans na masa e traballando diferentes mesturas para realizar pan, muffins e galletas.

Os cursos, que tiveron lugar no ano 2012, estiveron dirixidos a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos, cun máximo de 25 alumnos por curso e impartidos por un profesor de hostalería e un axudante de cociña.

Cada un dos nenos participantes levou o seu gorro e o seu mandil de cociñeiro e ao final da sesión foi obsequiado cun exemplar de “Bocadillos e sándwiches”, o primeiro volume da colección Cociña Infantil e Familiar de Ouvirmos.