Culturgal. Coordinación xeral da Feira das Industrias Culturais
Culturgal é a Feira das Industrias Culturais de Galicia. Celébrase puntualmente cada mes de decembro en Pontevedra e constitúe unha cita de referencia e principal punto de encontro entre o público e axentes culturais do país.
Encargámonos da coordinación xeral e mais da secretaría técnica da Feira das Industrias Culturais, un proxecto realizado para a Asociación Cultural Culturgal constituída pola Asociación Galega de Editoras (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) e pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). As organizacións gremiais máis representativas do sector cultural forman parte desta asociación que ademais mantén estreitos vínculos con outras organizacións sectoriais e profesionais que se involucran de maneira moi activa nesta gran Feira.
Desde Ouvirmos contribuímos a conceptualizar as edicións da feira entre os anos 2013 e 2021, sendo hoxe un macroevento plenamente consolidado que reúne durante tres días a todo o sector da industria cultura galega. Un grande escaparate onde os profesionais presentan as súas ideas, proxectos e novidades a preto de 15.000 visitantes cada ano. E onde os medios de comunicación de dentro e fóra de Galicia fanse eco da Feira amplamente con presenza de radios e televisións emitindo en directo desde o propio recinto.