Azou

Idea e creación de Azou, un novidoso proxecto musical e multimedia, que presenta unha serie televisiva de deseños animados ambientada nun escenario urbano, no que catro adolescentes de vidas e personalidades diferentes comparten a súa paixón pola música e o baile.

Azou é o nome tamén do grupo musical integrado por tres mozas e un mozo, que dan vida sobre os escenarios aos personaxes da serie animada. Catro cantantes e bailaríns que defenden en directo a proposta artística de Azou, deseñada por un escenógrafo de prestixio.

O proxecto foi seleccionado no programa de dinamización lingüística do 2010 “Bocaberta”, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para potenciar o uso da lingua galega na música actual. Dentro deste programa, o grupo Azou fixo dez representacións para estudantes de ensino medio en diferentes vilas galegas, acompañadas dun obradoiro de rap impartido por Sergio Regos, “García”, do grupo “Dios ke te Crew”.