Alfândega Imaterial

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Minho (AECT Rio Minho), en colaboración coa Câmara Municipal de Valença e Ponte…nas Ondas!, encargounos a creación do Centro do Patrimonio Cultural Imaterial do Río Minho transfronteirizo, materializándose nun espazo físico situado na antiga alfándega na fronteira entre Valença e Tui e nun portal web para promover e divulgar o patrimonio cultural vivo e tradicional da comarca onde o río Minho fai de fronteira natural entre Galicia e Portugal.

Este repositorio en liña e a exposición situada na antiga alfándega recollen información, fotografías e vídeos sobre as prácticas, tradicións, oficios, coñecementos e expresións culturais herdadas desta rexión transfronteiriza.

O proxecto céntrase na documentación e promoción do patrimonio cultural inmaterial da área da AECT Rio MInho composta por 16 municipios galegos e 10 portugueses, co fin de difundilo entre as comunidades locais e garantir a súa transmisión ás novas xeracións.

Os elementos culturais inmateriais identificados na zona inclúen 67 elementos patrimoniais como prácticas pesqueiras tradicionais no río Miño, lendas, romarías, festas (como a Coca de Monçao ou o Monte de Santa Tegra), manifestacións musicais (como as treboadas ou o cantar ao desafío), e técnicas tradicionais (como a elaboración de alfombras florais en Ponteareas ou a camada decorada con flores en Viana do Castelo), así como as relacionadas con oficios como cereiros, cabaqueiros, redeiras ou percebeiras. A zona ten unha poboación de 376.000 habitantes, e é o tramo fronteirizo ibérico máis densamente poboado e transitado.

Alfândega Imaterial é un proxecto cofinanciado polo programa Interreg V B Sudoe.