ADEGA. 50 anos coidando a Terra

No marco do 50 aniversario da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, a primeira organización ecoloxista constituída no estado español, conceptualizamos e deseñamos unha proposta expositiva para repasar medio século de loitas ecoloxistas.

Inspirándonos nunha das grandes loitas exitosas de ADEGA e do conxunto da sociedade galega nos anos 80 – o cese dos vertidos de bidóns radioactivos na fosa atlántica – plantexamos unha exposición que mestura divulgación histórica, ambiental e espectacularidade, pois varios bidóns de residuos tóxicos, como aqueles que encheron os mares galegos entre 1949 e 1982 reciben ao visitante.

Xunto a eles, 16 paneis temáticos percorreron a xeografía galega centrándose en diferentes temáticas recurrentes ao longo da nosa historia: as celulosas, os lumes, os accidentes de buques nas nosas costas, os residuos, a invasión eólica, etc.