A Terra por gañar. Unha historia do ecoloxismo galego

“A Terra por gañar” é un documental que narra a historia da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) dende a súa fundación en 1974. Un relato guiado por voces destacadas da organización que ofrece unha mirada profunda ao impacto do movemento ecoloxista galego, ás agresións ambientais sufridas dende o inicio da sociedade industrial e a un presente de loita no que os conflictos locais tornaron en desafíos globais.

Unha reflexión indispensable para comprender a Galiza que habitamos, recoñecer o legado de ADEGA e das persoas que puxeron o corpo na protección da Terra e revisar o papel dun movemento ecoloxista que efronta novas e complexas problemáticas ambientais nunha das chamadas “zonas de sacrificio”.

  • Ano: 2025
  • Guión e dirección: Roberto Conde
  • Fotografía e montaxe: Olmo Couto
  • Produción: ADEGA, Ouvirmos
  • Idioma: galego
  • Duración: 55 min