Concerto lírico de Canción Galega en Conxo

A Compañía Lírica de Galicia ofrece este venres, 30 de setembro, o recital ‘Canción Galega de Concerto: de Curros a Toldrá’. O concerto terá lugar ás 20.00 horas na Igrexa da Merced de Conxo en Santiago de Compostela. Actuarán as tres sopranos Susana de Lorenzo, Paloma Silva e Teresa Mª Vázquez, dirixidas por Fernando Balboa e acompañadas polo pianista Javier Ares. O evento, de entrada libre e gratuíta, enmárcase dentro da XXX Semana Cultural de Conxo.