Vigo
- título: Itinerario histórico-musical de Vigo
- autor: Richard Rivera Armero, Ana García González
- data: 2008-11-01
- número de páxinas: 52
- formato: Libro + 1 CD
- cliente: Propia
- ISBN: 978-84-612-1600-0
Con esta viaxe achegaraste ao son das ondas do mar de Vigo coa lírica medieval do trobador Martim Codax e regresarás a porto para escoitar os fandangos, malagueñas, valses e polcas no Derby Bar. Tamén poderás revivir a movida, que na década dos 80 situou a cidade na vangarda musical do Estado, e observar os primeiros pasos dos gaiteiros vigueses Budiño e Carlos Núñez, que contribuíron a renovar o folk galego nos anos 90.