En tempos que se foron | Trasmundi | Selo Vir
- título: En tempos que se foron
- autor: Trasmundi
- data: 2010-11-01
- número de páxinas: 2
- formato: Digipack
- cliente: Propia
En tempos que se foron é o título do segundo traballo discográfico do grupo Trasmundi. O trío galego compón a súa música, nesta ocasión, inspirándose en seres máxicos da nosa mitoloxía como o Trasno, as Lavandeiras, a Maruxaina, a Herba de Namorar, a Casa da Moura, o Paporrubio, a Dama do Castro, o Menciñeiro, a Cova da Serpe ou o Demo Coxo. Trasmundi consigue crear composicións que nos ofrecen a descrición de cada un destes seres, mergullándonos nun mundo de fantasía que perdura nas xentes do noso pobo desde hai moitos anos.