Guitarra clásica galega | Samuel Diz | Selo Ouvirmos

- título: Guitarra Clásica Galega
- autor: Samuel Diz
- data: 2012-11-05
- formato: Digipack
Guitarra Clásica Galega fai un percorrido polo pasado, presente e futuro do instrumento na nosa cultura. Unha viaxe pola nosa historia, da man do recoñecido intérprete Samuel Diz, ao tempo que un canto á guitarra galega que inexplicablemente non fora formulado até o de agora.
Presentamos así unha recompilación de pezas fundamentais que nos levarán desde a década dos 30 no exilio cubano até o século XXI coa nova xeración de compositores galegos. Unha obra que constitúe o primeiro traballo destas características en Galicia realizado desde unha perspectiva viva e universal da nosa cultura. En palabras do guitarrista e musicólogo Leopoldo Neri: “Este crisol caleidoscópico de pezas para guitarra, tan esplendidamente interpretadas polo tudense Samuel Diz, desvélanos un íntimo e sensual espazo da historia musical galega“.