Ben Deitei | Safari Orquestra | Selo Vir

- título: Ben Deitei
- autor: Safari Orquestra
- data: 2010-11-01
- número de páxinas: 2
- formato: Digipack
- cliente: Propia
A Safari Orquestra, capitaneada polo ex-Skornabois Emilio López, reaparece no panorama musical cun disco maduro e evolucionado que baixo o título de Ben Deitei reflicte as experiencias acumuladas nos seus directos nos escenarios do país. Ben Deitei é o resultado de macerar e mesturar ben, ingredientes e sensacións vitais, sen présa, con calma, coa paciencia que nos caracteriza aos galegos; e sobre todo coa felicidade de querer o que facemos, porque como dicía Tolstoi esa é a verdadeira felicidade: querer o que se fai, non facer o que se quere.


