Monforte de Lemos
- título: Itinerario histórico-musical de Monforte de Lemos
- autor: Richard Rivera Armero, Fernando Reyes Ferrón, Luís Fernández Guitián
- data: 2008-11-01
- número de páxinas: 52
- formato: Libro + 1 CD
- cliente: Propia
- ISBN: 978-84-612-1601-7
A historia de Monforte está vinculada aos Castro -en especial ao VII conde de Lemos e vicerrei de Nápoles-, que legaron á cidade un valioso patrimonio artístico e musical. Con este itinerario descubrirás estes e outros tesouros a través das rúas de Monforte: a torre da Homenaxe, o convento das Clarisas, o colexio de Nosa Señora da Antiga, o barrio xudeu, etc. Unha visita pola historia musical local desde a Idade Media.