Matías López 1826 – 1891. De Sarria a El Escorial
- título: Matías López 1826 - 1891. De Sarria a El Escorial
- autor: Gregorio Sanchez Meco / Xaime Félix López Arias
- data: 2023-10-18
- número de páxinas: 188
- formato: Libro
- ISBN: 978-84-947893-4-2
Edición en castelán.
Nado no ano 1826 en Sarria (Lugo) e finado en 1891 en Madrid, Matías López foi o gran patrón da fabricación de chocolate en España. Os seus éxitos empresariais fundamentounos na aplicación da tecnoloxía desenvolvida durante a primeira revolución industrial á fabricación do chocolate, logrando que este produto se convertira nun alimento imprescindible e ao alcance da clase traballadora. Soubo, ademais, vendelo como ninguén, sentando as bases do márketing comercial español co seu famoso cartel “dos gordos e os flacos”.
Tanto en Sarria como no Escorial (Madrid), onde instalou a súa fábrica, deixou unha profunda pegada: na súa localidade natal, as escolas que mandou construir albergan hoxe a biblioteca municipal; na vila madrileña a súa pegada é aínda máis profunda e se subsiste a “Leal Villa de El Escorial” é quizais grazas á Gran Fábrica de Chocolates de Matías López.
Este libro escrito a catro mans entre os cronistas oficiais de Sarria e El Escorial achega ao público o periplo vital, industrial e familiar dun home que, malia as súas orixes humildes, converteuse nun dos empresarios máis influíntes na España da segunda metade do século XIX.