Eugenia Osterberger: A compositora galega da Belle Époque (1852-1932)
- título: Eugenia Osterberger: A compositora galega da Belle
- autor: Beatriz López-Suevos, Rosario Martínez Martínez, Susana de Lorenzo
- data: 2017-02-20
- número de páxinas: 124
- formato: Libro-CD
- ISBN: 978-84-944008-6-5
Eugenia Osterberger (Santiago de Compostela 1852, Niza 1932) foi unha das protagonistas da escena musical galega no século XIX, contribuíndo de forma singular á creación dunha música galega académica de raíz popular. Participou de forma activa na vida cultural e social da Coruña e Compostela e foi académica correspondente da Real Academia Galega desde a súa fundación. Osterberger creou composicións para piano solista así como cancións ou melodías galegas para voz e piano. Estas últimas conforman o repertorio do CD que acompaña este libro.