TanGalego | Crema de Gaita | Selo Vir
- título: TanGalego
- autor: Crema de gaita
- data: 2007-11-01
- número de páxinas: 2
- formato: Digipack
- cliente: Propia
Crema de Gaita é un grupo folk vigués que abraza formas pouco convencionais na música folk concibida na Galiza. Con TanGalego achégase aos ritmos latinos (tangos, tumbaos, boleros, habaneras,…) sen descartar influencias euroatlánticas e versións de temas de música tradicional galega.
Ernesto Campos, de quen gravaron temas Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño ou Susana Seivane, é o autor da meirande parte das pezas que interpreta aquí co resto da banda.