Cociña infantil e familiar: Chocolates

- título: Chocolates
- autor: VV.AA.
- data: 2013-11-21
- número de páxinas: 56
- formato: Libro
- cliente: Propia
- ISBN: 978-84-941053-2-6
Seguro que este é o libro que estabas esperando. Un volume dedicado completamente ao chocolate con 20 receitas sinxelas e creativas. Este novo título da colección de Cociña infantil e familiar permitirá aos máis pequenos aprender a facer tortas, bombóns, ovos e até chupa chups de chocolate de maneira fácil e divertida. O libro vai ademais acompañado de múltiples consellos e recomendacións así como dun texto explicativo que nos descubrirá feitos sorprendentes ao redor do universo do cacao.