Cociña infantil e familiar: Carnes
- título: Carnes
- autor: VV.AA.
- data: 2013-11-21
- número de páxinas: 56
- formato: Libro
- cliente: Propia
- ISBN: 978-84-941053-1-9
Nenos e nenas poden aspirar a converterse nos auténticos chefs da casa. Con este libro eles mesmos poderán preparar os seus propios pratos a base de hamburguesas, nuggets, flamenquíns ou faixiñas. Vinte receitas deliciosas, imaxinativas e explicadas paso a paso por mestres da cociña, que non deixarán indiferente a ninguén da familia. Xunto ás receitas, consellos e un artigo para aprender máis sobre os distintos tipos de carne, a ‘tenreira galega’ e as nosas razas autóctonas, entre outros temas.