Bonecas para recortar. Conxuntos musicais
- título: Bonecos e Bonecas para recortar
- autor: Ouvirmos
- data: 2007-11-01
- número de páxinas: 2
- formato: Recortables
- cliente: Propia
Cos Bonecos para recortar de Ouvirmos serás violinista, gaiteiro, guitarrista… ou baterista. Poderás tocar o bombo, o tamboril, o saxofón… ou os teclados.
Son dous bonecos e dúas bonecas de cartón, cos seus traxes e complementos, cos que se pode formar un cuarteto de gaitas, un grupo de pop-rock, un cuarteto de corda ou unha pequena banda de música.
Os bonecos preséntanse en dous estoxos independentes: Eles e Elas. Cada un dos estoxos contén dous bonecos e dúas bonecas (respectivamente) con 4 instrumentos e traxes para cada unha das figuras (8 en total por estoxo).
Troca os instrumentos e a vestimenta e séntete parte da banda.
Recomendados para menores de 18 anos ou para quen nunca quixo deixar de ser crianza.